Otras blockchains
Bitcoin utilizou unha serie de estudos previos sobre criptografía e blockchains para sentar as bases da tecnoloxía que coñecemos hoxe. Non obstante, co tempo, xurdiron novas necesidades, como unha maior escalabilidade, máis capacidade de memoria ou diferentes enfoques que impulsaron a aparición doutras cadeas de bloques.
A tecnoloxía de rexistros distribuídos cambiou moito desde a aparición de Bitcoin en 2009 e experimentou un crecemento exponencial, o que levou a numerosas aplicacións innovadoras en diversos sectores.
Aínda que Bitcoin e Ethereum son dúas das blockchains máis coñecidas, existen moitas outras. Estes novos ecosistemas creáronse por diversas razóns:
- Melloras tecnoloxicas: a medida que a tecnoloxía foi evolucionando, creáronse novos protocolos con melloras técnicas na infraestrutura e nos mecanismos de consenso, como unha maior escalabilidade, velocidades de transacción máis rápidas e unha maior seguridade.
- Diferentes enfoques e obxectivos: aínda que Bitcoin e Ethereum son plataformas de propósito xeral, outras cadeas de bloques foron creadas con obxectivos específicos en mente. Por exemplo, algunhas céntranse na privacidade e a seguridade e outras no intercambio de tokens ou na creación de aplicacións descentralizadas (dApps).
- Competencia: como en calquera outro mercado, a competencia é unha forza motriz no sector. Creáronse moitas blockchains para competir con Bitcoin e Ethereum e ofrecer unha alternativa máis escalable e funcionalidades.
- Problemas de escalabilidade: Bitcoin e Ethereum experimentaron problemas de escalabilidade debido ao gran número de usuarios e transaccións nas súas redes. Creáronse novos protocolos principalmente para abordar estes problemas e permitir maiores volumes de transaccións na súa rede.
En resumo, a creación de novas blockchains débese á necesidade de melloras na tecnoloxía, a obxectivos e enfoques específicos, á competencia e aos problemas de escalabilidade nas xa existentes.
Polygon (POL)
Polygon es una blockchain que busca abordar los problemas tanto de escalabilidad como de costes de la red Ethereum.
Polygon é unha blockchain que busca abordar tanto os problemas de escalabilidade coma os de custo da rede Ethereum.
Polygon funciona creando unha cadea lateral ou sidechain separada da rede orixinal de Ethereum, de xeito que as transaccións se validan de forma independente e máis rápida nesta cadea lateral para, despois, entrar de forma agregada e resumida na blockchain orixinal de Ethereum.
Isto permite un volume de validación de 65.000 transaccións por segundo como máximo, mil veces máis ca na rede Ethereum.
As aplicacións e os smart contracts que se executan en Ethereum tamén poden executarse en Polygon, xa que tamén admite EVM.
Polygon ten o seu propio token nativo, POL (anteriormente MATIC), baseado no estándar ERC-20, que se usa como moeda da plataforma e para pagar as taxas de transacción na rede e como incentivo para os validadores. O mecanismo de consenso de Polygon é o de proba de participación.
Cardano (ADA)
Cardano é unha blockchain chamada «de terceira xeración» (Bitcoin é a primeira e Ethereum a segunda xeración) , cuxo token nativo é ADA e que se centra en abordar os problemas de escalabilidade, privacidade, interoperabilidade e sustentabilidade da rede Ethereum.
Cardano usa un protocolo de consenso chamado Ouroboros, que se basea no concepto de proba de participación (Proof of Stake ou PoS), separando a validación de transaccións da execución de aplicacións en dúas capas diferentes, o que facilita a súa escalabilidade.
Solana (SOL)
Solana é outra blockchain «de terceira xeración», cuxo token nativo é SOL, e que se centra en mellorar a escalabilidade e a velocidade da rede Ethereum.
Solana opera usando o seu propio protocolo de consenso chamado Proba de Historial (Proof of History – PoH), que é un protocolo de consenso similar á proba de participación (Proof of Stake – PoS), pero que incorpora unha «marca de tempo» en cada transacción. Isto permite que os nodos validadores operen de forma máis eficiente no proceso de validación, sen ter que gastar tempo nin recursos determinando a orde na que se realizan as transaccións que validan.
Polkadot (DOT)
Polkadot é outra blockchain «de terceira xeración» que se centra na interoperabilidade entre as súas diferentes blockchains e o intercambio de información entre elas.
Isto permítelles aos desenvolvedores crear aplicacións descentralizadas (DApps) que poden operar en varias blockchains en lugar de depender só dunha. Isto conséguese mediante a existencia dunha cadea principal (chamada «cadea de relevos» ou Relay Chain) e as diferentes cadeas alternativas (parachains). A cadea principal funciona coma un mecanismo de coordinación, no que se comproba periodicamente a veracidade da información en cada unha das cadeas alternativas.
Avalanche (AVAX)
Avalanche é outra blockchain «de terceira xeración» que se centra na escalabilidade, a interoperabilidade e a seguridade para o desenvolvemento de aplicacións descentralizadas (dApps). O token nativo de Avalanche é AVAX, que se usa como moeda da plataforma, para pagar as taxas de transacción e como mecanismo de gobernanza na plataforma. Os titulares de AVAX teñen dereito a votar sobre propostas e melloras na plataforma, entre outras cousas.
Avalanche ofrece tres redes independentes pero interconectadas:
- Exchange-chain (X-chain): encargada da transferencia e rexistro económico de AVAX
- Platform-chain (P-chain): enfocada na gobernanza
- Contract-chain (C-chain): que é a rede dedicada exclusivamente á execución de contratos intelixentes
Avalanche permítelles aos desenvolvedores crear as súas propias subredes personalizadas dentro da rede mediante pontes de cadea cruzada. Avalanche usa un mecanismo de consenso chamado «snowball» que se basea na selección aleatoria de validadores.
Ademais, Avalanche estableceu unha asociación con Chainlink, unha plataforma de blockchain especial, coñecida como oráculo, que pode tomar información do mundo real e pasala á blockchain , para que os desenvolvedores poidan acceder aos prezos dos activos en tempo real e aos datos de eventos en cadea.
Pero estas non son as únicas blockchain no mercado. Actualmente, hai centos de proxectos como Ripple, EOS, Stellar, Cosmos, Algorand ou CELO, entre moitos outros. Cada unha destas blockchain ten as súas propias características e obxectivos específicos, o que as fai únicas no mercado.