Saltar al contenido principal

Accesibilidade

A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) comprometeuse a facer accesible o sitio web de Finanzas para Todos de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público (de aquí en diante, Real Decreto 1112/2018 ).

A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web https://www.finanzasparatodos.es/ga/inicio 


Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme co RD 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.


Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible segundo os requisitos da norma UNE-EN 301549:2022 polos seguintes motivos:

Falta de conformidade co RD 1112/2018:

  • Nalgunhas páxinas detectouse contido non textual que non dispón dunha adecuada alternativa textual [requisito número 9.1.1.1. Contido non textual]
  • En distintos apartados do sitio web a información, a estrutura e as relacións entre elementos non poden determinarse programaticamente [requisito número 9.1.3.1. Información e relacións]
  • Nalgúns formularios certos campos de entrada non ten identificado o seu propósito de forma programática [requisito número 9.1.3.5. Identificación do propósito da entrada]
  • Nalgunhas páxinas utilízase a cor como único medio visual para transmitir información [requisito número 9.1.4.1. Uso da cor]
  • Nalgunhas páxinas o contraste de cor de determinados textos non alcanza o nivel mínimo esixido [requisito número 9.1.4.3. Contraste (mínimo)]
  • Nalgunhas páxinas o contido non se reaxusta correctamente ao modificar o ancho de visualización [requisito número 9.1.4.10. Reaxuste do texto]
  • Algúns compoñentes da interface presentan un contraste insuficiente con respecto ao fondo [requisito número 9.1.4.11. Contraste de contido non textual]
  • Detectáronse compoñentes que non se poden utilizar completamente mediante o teclado [requisito número 9.2.1.1. Teclado]
  • Nalgúns compoñentes interactivos o foco non pode saír utilizando unicamente o teclado [requisito número 9.2.1.2. Sen trampas para o foco do teclado]
  • Nalgunhas páxinas existen contidos en movemento, que escintilan ou que se actualizan automaticamente e non dispoñen de mecanismos para poñerse en pausa, deterse ou ocultarse [requisito 9.2.2.2. Poñer en pausa, deter, ocultar]
  • Nalgunhas páxinas non existen mecanismos para evitar bloques de contido que se repiten en múltiples páxinas [requisito 9.2.4.1. Evitar bloques]
  • Nalgunhas páxinas non dispoñen dun título suficientemente descritivo do contido ou finalidade [requisito número 9.2.4.2. Titulado de páxinas]
  • Nalgunhas páxinas a orde de navegación mediante teclado non segue unha secuencia coherente coa estrutura visual ou funcional do contido [requisito número 9.2.4.3. Orde do foco]
  • Existen ligazóns cuxo propósito non queda suficientemente claro a partir do texto visible ou do seu contexto [requisito 9.2.4.4. Propósito das ligazóns (en contexto)]
  • Nalgunhas páxinas non se dispón de múltiples vías para localizar determinados contidos dentro do sitio web [requisito número 9.2.4.5. Múltiples vías]
  • Nalgunhas páxinas os encabezamentos e as etiquetas non describen adecuadamente o contido ou a finalidade dos elementos [requisito número 9.2.4.6. Encabezamentos e etiquetas]
  • Puntualmente, a indicación visual do foco non é suficientemente visible nalgúns compoñentes interactivos [requisito número 9.2.4.7. Foco visible]
  • Existen contidos ou fragmentos nun idioma distinto do principal da páxina cuxo cambio de idioma non está identificado de forma programática [requisito número 9.3.1.2. Idioma das partes]
  • Nalgunhas páxinas os mecanismos de navegación que se repiten non manteñen unha orde coherente entre páxinas [requisito número 9.3.2.3. Navegación coherente]
  • Detectáronse erros de entrada que non están correctamente identificados [requisito número 9.3.3.1. Identificación de erros]
  • Nalgúns formularios faltan etiquetas ou instrucións para cubrir correctamente os campos [requisito número 9.3.3.2. Etiquetas ou instrucións]
  • Detectáronse compoñentes interactivos cuxo nome, función ou valor non están correctamente definidos de forma programática [requisito número 9.4.1.2. Nome, función, valor]
  • Nalgunhas páxinas as mensaxes de estado non están correctamente definidas de forma programática [requisito número 9.4.1.3. Mensaxes de estado]
  • Detectáronse páxinas que non cumpren plenamente os requisitos de conformidade aplicables das pautas WCAG [requisito número 9.6. Requisitos de conformidade das pautas WCAG]
  • Parte da documentación do servizo pode non estar en formato accesible [requisito número 12.1.2. Documentación accesible]

Carga desproporcionada

  • Non aplica.

Contido que non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable

  • Poderían existir ficheiros ofimáticos en PDF ou outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpren na súa totalidade os requisitos de accesibilidade.


Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 30 de setembro de 2022.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación realizada por CTIC Centro Tecnolóxico con recursos externos. 

Última revisión da declaración: 13 de abril de 2026. 


Observacións e datos de contacto

As comunicacións, solicitudes, queixas e reclamacións refírense á accesibilidade do sitio web de Finanzas para Todos da CNMV.

Se o que desexa é formular unha reclamación ou unha consulta a unha entidade financeira supervisada pola CNMV, acceda á sección de "Inversores e Educación Financeira" no portal web da CNMV ou a través do trámite da Sede Electrónica "reclamacións, queixas e consultas de inversores".


Comunicacións

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do Real Decreto 1112/2018) como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web.

As devanditas comunicacións poden realizarse a través de dúas vías:

Solicitudes de información accesible e queixas

Tamén pode solicitar que se lle proporcionen nun formato accesible os contidos publicados neste sitio web que estean excluídos da obriga de ser accesibles e formular queixas relativas aos requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.b do Real Decreto 1112/2018) do seguinte xeito:

  • Envío electrónico, a través do Rexistro Electrónico da CNMV (Sede Electrónica) onde deberá acceder á sección "zona aberta" e identificarse mediante os sistemas de autenticación admitidos. Posteriormente seleccionará o trámite Solicitudes de información accesible, queixas e reclamacións sobre accesibilidade.
  • Presencialmente no rexistro da CNMV ou por correo postal cun escrito dirixido ao seguinte enderezo:
    Unidade Responsable de Accesibilidade
    Departamento de Estratexia, Innovación e Finanzas Sostibles.                                                                                                                    Rúa Edison, 4, 28006 Madrid | Rúa Bolivia, 56, (4ª Planta) 08018 Barcelona.
  • Facilítase o seguinte Formulario de solicitudes e queixas que pode utilizar para formular a súa solicitude ou queixa

Na Solicitude de información accesible, débese concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e a petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

As comunicacións, solicitudes e queixas sobre accesibilidade deste sitio web serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade que pertence ao Departamento de Estratexia, Innovación e Finanzas Sostibles. O prazo para responder á persoa interesada é de vinte días hábiles. Despois de que transcorrese o prazo máximo para resolver, se non se notificou ningunha resposta, entenderase que a solicitude de información accesible non foi aceptada ou que a queixa non se considerou.


Procedemento de aplicación

Se se realizou unha solicitude de información accesible ou unha queixa que se desestimou, se non está de acordo coa decisión tomada ou se a resposta non cumpre os requisitos contemplados no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderá iniciar unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.

A reclamación pode ser presentada do seguinte modo:

  • Envío electrónico, a través do Rexistro Electrónico da CNMV (Sede Electrónica) onde deberá acceder á sección "zona aberta" e identificarse mediante os sistemas de autenticación admitidos. Posteriormente seleccionará o trámite Solicitudes de información accesible, queixas e reclamacións sobre accesibilidade.
  • Presencialmente no rexistro da CNMV ou por correo postal cun escrito dirixido ao seguinte enderezo:
    Unidade Responsable de Accesibilidade
    Departamento de Estratexia, Innovación e Finanzas Sostibles
    Rúa Edison, 4, 28006 Madrid | Rúa Bolivia, 56, (4ª Planta) 08018 Barcelona.

    Facilítase o seguinte Formulario de reclamacións que pode utilizar para formular a súa reclamación.

As reclamacións sobre accesibilidade dixital deste sitio web serán resoltas polo Director Xeral de Política Estratéxica e Asuntos Internacionais. O prazo para responder á persoa interesada é de dous meses. Despois de que transcorrese o prazo máximo para resolver, se non se notificou ningunha resposta, entenderase que a reclamación foi desestimada.


Documentación obrigatoria

A presentación de solicitudes, queixas e reclamacións sobre a accesibilidade de sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles da CNMV inicia un procedemento administrativo. Por este motivo, na solicitude, queixa ou reclamación ten que quedar constancia da identidade da persoa interesada.

Cando a persoa interesada sexa unha persoa física e a solicitude, queixa ou reclamación sobre accesibilidade dixital se presente mediante correo postal ou presencialmente no rexistro da CNMV:

  • Se se presenta en nome propio, débese anexar unha copia por ambas as dúas caras do DNI, NIE, pasaporte ou outro documento de identificación válido da persoa interesada.
  • Se se presenta a través dun representante, débese anexar unha copia por ambas as dúas caras do DNI, NIE, pasaporte ou outro documento de identificación válido da persoa interesada e do representante, ademais dunha copia do poder ou doutro documento que acredite a representación.

Nas solicitudes, queixas ou reclamacións sobre accesibilidade dixital que se presenten mediante correo postal ou presencialmente no rexistro da CNMV nas que a persoa interesada sexa unha persoa xurídica, débese anexar unha copia por ambas as dúas caras do DNI, NIE, pasaporte ou outro documento válido que identifique o asinante da solicitude e a copia do seu poder de representación ou nomeamento para actuar en nome da persoa xurídica.