Saltar al contenido principal
Buscar Buscador
Salir

Encuentra lo que estás buscando

  • Inicio
  • Como coidar a túa contorna persoal e financeira?

Como coidar a túa contorna persoal e financeira?

O traballo

​​​​​​​


Empezando a traballar

O traballo adoita proporcionar a fonte de ingresos máis importante e constitúe a túa seguridade e a da túa familia.

É importante coñecer todas as implicacións financeiras que ten o teu traballo, desde que comezas a túa vida laboral ata que a finalizas pasando pola posible perda do mesmo


Despois de case unha vida enteira estudando, chega un momento importante: o primeiro traballo «de verdade».

Nesta nova etapa terás uns ingresos propios. Pero tamén terás novas obrigas profesionais e persoais e, polo tanto, novas necesidades económicas.


Comeza con bo pé na xestión das túas finanzas e ten en conta tres simples consellos:


  1. Gasta sempre menos do que ingresas.
  2. Empeza a aforrar e investir.
  3. Ten coidado co endebedamento.

Cando empezas a traballar é o mellor momento para realizar un orzamento persoal.

Se coñeces e controlas os teus ingresos e gastos, poderás sacar o maior rendemento do teu salario, fixarche os teus obxectivos financeiros a curto e longo prazo e establecer un plan de aforro para facelos realidade.


Como elaborar un orzamento?

Unha nómina é o recibo do pago dun salario. Tamén é o xustificante das cantidades que como traballador pagaches á Seguridade Social e das retencións practicadas como pago a conta do Imposto sobre a Renda de Persoas Físicas (IRPF). É un documento importante que se debe sempre revisar e gardar.

O salario mensual pode ter moitos conceptos: salario base, complementos, primas de produtividade, horas extra, salario en especie (tíckets de restaurante, coches de empresa, etc.)

Moitos mozos e mozas levan un desgusto ao recibir a súa primeira nómina porque cobraron menos do que esperaban. Hai que entender que hai unha diferenza entre o soldo bruto e o soldo en neto.


Salario bruto

É o salario acordado entre o traballador e a empresa sen quitar as principais deducións (Seguridade social, IRPF, etc.).

Sen pagas extras, se recibes un soldo bruto anual de 21.000 € en 12 pagas ao ano

Soldo bruto mensual: 21.000 €/12 pagas = 1.750 €

Con pagas extras, o salario bruto mensual hai que dividilo en función do número de pagas (por exemplo 2 pagas extras: 12+2 = 14)

Soldo bruto mensual: 21.000 €/14 pagas = 1.500 €


O salario mensual pode estruturarse en varios conceptos:

  • O salario base.
  • Complementos salariais, por exemplo un plus de antigüidade, por perigo do posto de traballo, a conta do convenio, por traballo nocturno... Primas de produtividade. Horas extras. Salario en especie: son percepcións non monetarias, por exemplo a utilización dun coche de empresa ou os tíckets de restaurante. Etc.

Salario neto

É o salario bruto quitando as principais deducións:

  • O importe que ten que pagar o traballador á Seguridade Social (SS).
  • As retencións practicadas como pago a conta do IRPF.

Soldo neto mensual: soldo bruto mensual — principais deducións (SS, IRPF)

O importante é ter en conta que os ingresos reais son sensiblemente inferiores ao soldo bruto mensual.


Cando comezas a traballar e contas con ingresos propios, as oportunidades para gastar os cartos aumentan… un coche, un piso, mobles, viaxes, artigos tecnolóxicos, etc. Hai que gozar, pero é crucial aprender a controlar os gastos e axustar o teu estilo de vida ao teu orzamento. A regra número un para controlar as túas finanzas é gastar sempre menos do que ingresas.

Os gastos sempre teñen que manterse acordes co teu nivel de ingresos e non coa dispoñibilidade de crédito.

Non hai que deixarse enganar pola publicidade que insinúa que poderás comprar todo o que quere grazas a un préstamo ou a un crédito. Cultiva o hábito de aforrar para poder realizar compras. É a mellor forma de priorizar e distinguir entre o que realmente necesitas e aquilo que non é necesario.

O inicio da túa vida laboral é un bo momento para comezar a organizar as túas finanzas, e sobre todo para aforrar e investir. A mellor forma de comezar é incorporar o aforro ao teu orzamento; é dicir, nada máis recibir o salario ao mes e antes de ter a oportunidade de gastalo, apartar unha cantidade todos os meses. Ademais, do exceso de aforro poderás investir parte dos teus cartos coa esperanza de obter unha rendibilidade. Consulta todos os consellos de investimento en Descubre Como investir os teus cartos?

Emprendemento e autoemprego

Ser o teu propio xefe e dedicarche ao que realmente che gusta, montar a túa propia empresa e ofrecer postos de traballo, pode ser unha gran experiencia. Para iso debes ter en conta.

Análise da idea de negocio

Existe moito descoñecemento sobre como comezar a montar o teu negocio e todos os trámites que leva asociados. O máis importante é analizar ben a túa idea de negocio e comprender a viabilidade financeira do mesmo.

.

Desenvolvemento de competencias financeiras

Todo emprendedor debe desenvolver unhas competencias clave como son: a comunicación, resiliencia, confianza, iniciativa, organización, creatividade, resolución de problemas, pero tamén debe desenvolver competencias financeiras. É dicir, debe ter capacidade de analizar a información financeira, administrar ben os cartos e tomar decisións informadas para planificar e tentar obter beneficios no seu negocio.

Asesoramento e axuda nos trámites

Se pensas que reúnes todos estes requisitos, podes obter toda a información relativa aos trámites necesarios para montar unha empresa no Portal Peme do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Ademais a través do CIRCE (Centro de Información e Rede de Creación de Empresas) poderás recibir todo o asesoramento e axuda cos trámites para crear o teu negocio. En canto aos incentivos e axudas para emprendedores e autónomos pódelos atopar na web do Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE)

O desemprego

Que o paro non che pare

Por desgraza, no momento actual, o desemprego é unha realidade para moitas persoas. Afecta a traballadores de todo tipo, xa sexan de nova incorporación ao mundo laboral ou con moitos anos de experiencia.


Seguir lendo

¡No te pierdas nada!

Mantente al día de todas las novedades de Finanzas para Todos suscribiéndote a nuestra newsletter. Todas las novedades sobre finanzas, en tu correo.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Aliquam dapibus aliquam ipsum, quis posuere ligula eleifend vel. Morbi rhoncus, dolor vitae blandit volutpat, tortor neque tincidunt eros, id hendrerit orci sem vel nisl. Nunc lacinia neque non erat volutpat condimentum. Vestibulum in egestas turpis. Donec consequat odio quis fermentum convallis. Vivamus dui lorem, posuere vel leo in, tempor tempus tortor. Fusce rutrum dapibus gravida. Phasellus tempus, velit sit amet porta faucibus, nulla elit tempor lorem, at commodo ligula purus eget dui.