Saltar al contenido principal
Está dentro: Inicio Cursos y webinars Criptoactivos / Blockchain

¿Qué vas a aprender?

Os criptoactivos son activos financeiros baseados nunha tecnoloxía innovadora (blockchain ou cadea de bloques) que recentemente gañaron importancia como activos de investimento de alto risco. O acceso a este tipo de instrumentos por parte de persoas sen coñecementos axeitados pode levar a malas decisións de investimento e á perda de todo ou da maior parte do investimento.

O Plan de Educación Financeira desenvolveu este curso que constará de 6 bloques de estudo e contén os conceptos básicos do mundo dos criptoactivos, dirixido a calquera persoa, independentemente do seu nivel de coñecementos previos.

Dirigido a

O obxectivo deste curso é dar a coñecer, da maneira máis clara e sinxela posible, os beneficios e tamén os riscos aos que nos enfrontamos ao usarmos ou investirmos en criptoactivos.

O primeiro bloque deste curso céntrase nos fundamentos da tecnoloxía que hai detrás dos criptoactivos: a cadea de bloques ou blockchain.