Saltar al contenido principal
Inicio Cursos y webinars Criptoactivos / Blockchain Criptoactivos Precaucións básicas ao xestionar criptoactivos

Precaucións básicas ao xestionar criptoactivos

Ao operar con criptoactivos, é fundamental tomar algunhas precaucións básicas para reducir os riscos:

Dedicar tempo a aprender como funcionan este tipo de produtos, consultando fontes de información fiables como Finanzas para Todos, o Portal do Cliente Bancario do Banco de España ou a páxina web da CNMV.  

Internet ofrece unha cantidade moi elevada de información pouco contrastada, polo que é aconsellable ser cauteloso á hora de elixir como obtemos a nosa información.

Ser consciente dos riscos inherentes a este tipo de produtos. 

Empregar un sistema operativo seguro e actualizado é fundamental para reducir o risco de ser vítimas de ciberataques.

Usar a autenticación en dous pasos ou 2FA e verificar que non estás a acceder a ligazóns fraudulentas.

Manterse lonxe de plataformas ou proxectos que prometen un rápido aumento dos beneficios. Calquera aumento rápido dos beneficios supón un nivel de risco equivalente.