Saltar al contenido principal
Buscar Buscador
Salir

Encuentra lo que estás buscando

Como elaborar un orzamento?

​​​​​​​

O orzamento é a ferramenta máis eficaz para sacar partido aos nosos cartos. Ter un orzamento permítenos identificar en que gastamos os nosos ingresos e facer os axustes necesarios para lograr os nosos obxectivos a curto, medio e longo prazo.

​​​​​​​


Razóns para elaborar o teu orzamento persoal ou plan financeiro:

Soa complicado, pero é todo o contrario. Crear orzamentos é un hábito moi beneficioso que nos permite levar un control e saber:

  • En que se nos van os cartos?
  • Priorizar gastos
  • Reducir ou eliminar débedas
  • Aforrar un pouco todos os meses
  • Acumular para un fondo de emerxencia
  • Vivir dentro das nosas posibilidades, con tranquilidade
  • Facer previsións de futuro
  • Levar un seguimento e control para non desviarnos


Como elaborar un orzamento?

Aínda que cada caso é un mundo, estes son algúns dos obxectivos financeiros máis aconsellables:

1

Ingresos:

Empezamos por poñer nunha lista todas as entradas de cartos. As máis importantes adoitan ser a nómina ou a pensión en caso de xubilados, pero non te esquezas doutros posibles ingresos como pensións alimenticias, intereses de contas bancarias, subvencións, traballos extras e percepcións de sistemas de previsión social.

Gastos:

Os gastos son todas as saídas de cartos. Para saber realmente en que situación estamos, hai que incluír todos os gastos actuais, desde a vivenda ata os pequenos desembolsos diarios, ou ben aproximacións dos mesmos. E non debes esquecer outros gastos ocasionais como vacacións, agasallos de aniversarios e compras de Nadal, ou gastos imprevistos que poidan xurdir.

Hai que identificar e apuntar todos os gastos, por pequenos que sexan.

2

A clave está en priorizar.

Hai que clasificalos nas seguintes categorías:

Gastos fixos obrigatorios: como a hipoteca ou alugueiro da casa, os gastos de comunidade e as cotas doutros préstamos. Hai que pagalos e o seu importe non adoita ser negociable nin varía moito mes a mes. Se non se abonan ao banco dentro dos prazos establecidos, poderanse aplicar gastos adicionais de demora, aumentando cada vez máis a débeda e a cantidade para pagar.

Gastos variables necesarios: comida, roupa, electricidade, etc. Son gastos necesarios para vivir pero cos que podemos aforrar se facemos un uso racional ou facendo pequenos recortes: comparar prezos, comprar marcas máis económicas, camiñar ou empregar transporte público no canto de pagar gasolina e aparcadoiro, coller o autobús ou metro no canto dun taxi, etc.

Gastos discrecionais: todos os demais gastos que, en caso de necesidade, poderíanse reducir ou eliminar. Adoitan ser gastos para cousas que nos gustan, pero que non son realmente imprescindibles.

Cando hai que recortar, estes deben ser os primeiros. Todos podemos identificar gastos superfluos que poderiamos utilizar para outros fins máis produtivos.

3

É posible que teñas que facer axustes xa que as cantidades orzadas para certos gastos posiblemente non sexan realistas. Se cadra o gasto noutros conceptos é menor do que pensabas. É normal revisar varias veces o orzamento para que se axuste á realidade con obxectivos alcanzables.

Se os teus ingresos aumentan, non deixes que os teus gastos aumenten por igual importe.

Revisa o IPC (Índice de Prezos ao Consumo) Lembra que, en caso de inflación, aumentaría o custo da vida. Unha taxa anual de inflación do 3 % mantido no tempo, significaría que todo custaría o dobre dentro de 24 anos. É dicir, dentro de 24 anos necesitaríase o dobre de cartos para manter o mesmo nivel de vida que se goza hoxe.

FERRAMENTA

Saca partido aos teus cartos creando un orzamento de forma sinxela

Calcula o teu orzamento

​​​​​​​

Para xestionar mellor o teu orzamento, recomendámosche:

Sé sincero sobre cuánto te gastas al mes. Coteja las cifras con la realidad.

Si vives en pareja o tienes familia, involúcralos en el presupuesto.

Se metódico y clasifica, ordena y guarda tus papeles y documentos.

Busca un sistema para hacer un seguimiento de los gastos que resulte cómodo para todos: apunta los gastos en una agenda, calendario o en algún programa de ordenador.

Apunta en el calendario las fechas de los vencimientos de pagos: contribución, impuestos de circulación, pólizas de seguros, cuotas de préstamos y todos los recibos domiciliados. Esta previsión te evitará sorpresas y penalizaciones por demoras o por saldo negativo

Comprueba los movimientos de cuentas, los recibos domiciliados y los resúmenes de tarjetas de crédito de forma regular y contacta con tu entidad de crédito si no entiendes un apunte o si crees que hay un error.

Controla regularmente tu presupuesto: mide tus gastos y repasa tus cuentas bancarias con frecuencia. Si es necesario, haz los ajustes oportunos para hacer frente a algún imprevisto

Aunque no es un gasto fijo obligatorio, en el caso de que sea posible, es muy útil destinar todos los meses una cantidad de dinero al ahorro. Es decir, asumir la obligación de pagarte una cantidad fija cada mes antes de presupuestar otros conceptos variables y no tan necesarios. De este modo podremos ahorrar sin darnos cuenta.

Apuntar os ingresos e os gastos permite prever cando necesitarás empregar fondos adicionais procedentes do aforro ou de préstamos e identificar que gastos poderías reducir ou aprazar ata un momento de maior desafogo económico.



FERRAMENTA

Aforrar para gozar

Esta ferramenta permite coñecer canto se pode aforrar nun tempo determinado se eliminamos ou reducimos gastos. Introduza polo menos un concepto de gasto e o seu aforro mensual.

Ten en conta que ata os recortes máis pequenos poden significar grandes aforros.


Os meus caprichos

null

¡No te pierdas nada!

Mantente al día de todas las novedades de Finanzas para Todos suscribiéndote a nuestra newsletter. Todas las novedades sobre finanzas, en tu correo.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Aliquam dapibus aliquam ipsum, quis posuere ligula eleifend vel. Morbi rhoncus, dolor vitae blandit volutpat, tortor neque tincidunt eros, id hendrerit orci sem vel nisl. Nunc lacinia neque non erat volutpat condimentum. Vestibulum in egestas turpis. Donec consequat odio quis fermentum convallis. Vivamus dui lorem, posuere vel leo in, tempor tempus tortor. Fusce rutrum dapibus gravida. Phasellus tempus, velit sit amet porta faucibus, nulla elit tempor lorem, at commodo ligula purus eget dui.