Saltar al contenido principal
Buscar Buscador
Salir

Encuentra lo que estás buscando

  • Inicio
  • Como está a túa saúde financeira?

Como está a túa saúde financeira?

Que é a seguridade financeira? É algo que varía segundo as nosas necesidades e a nosa etapa da vida. Ter saúde financeira é ter seguridade financeira e iso NON significa gañar moito cartos, aquí temos dous casos:


Xosé gaña 50.000 euros ao ano. Ten 3.000 euros aforrados. Quédanlle por pagar 400.000 euros de hipoteca polo seu chalé, 20.000 euros do préstamo do seu coche e ten un saldo de 6.000 euros de pagamentos aprazados na súa tarxeta de crédito.

​​​​​​​


Inés gaña 30.000 euros ao ano. Ten 15.000 euros aforrados. Quédanlle por pagar 8.000 euros da hipoteca do seu piso, o seu coche está pago e debe 250 € da súa tarxeta de crédito, que abonará ao final de mes.

Quen dos dous ten máis seguridade financeira? Quen dorme mellor pola noite?

Quen ten os seus gastos baixo control, quen non ten débedas e quen aumenta mes a mes os seus aforros e o seu patrimonio.

​​​​​​​

Comproba a túa saúde financeira

Antes de nada, te preguntaches como che atopas? Sabes como tes os teus niveis de colesterol? Os triglicéridos? …se non te fas unha analítica non o saberás. Pois tamén podes facer un recoñecemento para coñecer a túa saúde financeira.

{{ title }}

{{ summary }}

{{ question.question }}

{{ percentage }}% completado

{{ footerInfo }}

Cales son os teus obxectivos financeiros? Reflexiona un momento e fai unha lista por escrito de todos os obxectivos financeiros  que se che ocorran para o teu caso particular. Por exemplo: mercar un piso, cambiar a televisión, facer un cruceiro, facer un branqueamento dental, aforrar, etc.  Probablemente, non será posible lograr á vez todos os obxectivos. Identifica en primeiro lugar os máis importantes ou os máis urxentes. Podes utilizar a ferramenta para PRIORIZAR OBXECTIVOS que che axudará a identificar os máis importantes.

​​​​​​​

Se mantés os teus gastos por baixo dos seus ingresos poderás aforrar, investir e alcanzar a seguridade financeira.

Adoptar o hábito de aforrar algo cada mes, é esencial, e canto antes se empece, mellor. Aforrar o suficiente axúdache a conseguir non só seguridade, senón independencia financeira Como conseguir a seguridade financeira? Empeza por coñecer cal é a túa situación actual e cales son os teus obxectivos financeiros concretos.

​​​​​​​

​​​​​​​

FERRAMENTAS

Prioriza os teus obxectivos financeiros

Aínda que cada caso é un mundo, estes son algúns dos obxectivos financeiros máis aconsellables:

  • Control dos gastos para chegar ben a fin de mes
  • Aforrar máis
  • Reducir ou eliminar débedas
  • Preparar a xubilación
  • Protexer á familia

Priorizar Obxectivos

Ponte obxectivos concretos e específicos

Cando un obxectivo é demasiado xeneral, faise máis difícil de conseguir. É máis fácil empezar se escollemos obxectivos máis concretos. Un obxectivo hai de ser SMART.

S

M

A

R

T

Ademais convén clasificar os teus obxectivos a curto, medio e longo prazo, en función do tempo que tes para conseguilos. Normalmente, un obxectivo a curto prazo será alcanzable en 1-2 anos ou menos; un a medio prazo en 2-5 anos, e os de longo prazo, en máis de 5 anos.


Os meus Obxectivos

Converte os teus obxectivos xerais en específicos

Mostrámosche exemplos de como pasar dun obxectivo xeral a un máis específico e asumible.

Move o rato por encima de cada obxectivo xeral para descubrir os obxectivos específicos.

Xenérico

«Algún día quero poder comprar a miña propia casa»

Específico​​​​​​​

Quero ter aforrados 18.000 euros para a entrada dun piso que me quero comprar dentro de 4 anos.

Xenérico

«Desexo dar aos meus fillos unha boa educación»

Específico

Antes de que a miña filla teña 18 anos, quero ter investimentos en accións, renda fixa e depósitos por valor de 25.000 euros.

Xenérico

«Quero gozar dunhas vacacións de película coa miña parella»

Específico

Quero aforrar 2.500 euros antes do próximo verán para poder sorprender á miña parella cun cruceiro polo Mediterráneo.

Xenérico

«Quero vivir ben despois de xubilarme»

Específico

Quero acumular 90.000 euros no meu plan de pensións antes de cumprir os 50 anos.

¡No te pierdas nada!

Mantente al día de todas las novedades de Finanzas para Todos suscribiéndote a nuestra newsletter. Todas las novedades sobre finanzas, en tu correo.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Aliquam dapibus aliquam ipsum, quis posuere ligula eleifend vel. Morbi rhoncus, dolor vitae blandit volutpat, tortor neque tincidunt eros, id hendrerit orci sem vel nisl. Nunc lacinia neque non erat volutpat condimentum. Vestibulum in egestas turpis. Donec consequat odio quis fermentum convallis. Vivamus dui lorem, posuere vel leo in, tempor tempus tortor. Fusce rutrum dapibus gravida. Phasellus tempus, velit sit amet porta faucibus, nulla elit tempor lorem, at commodo ligula purus eget dui.