Saltar al contenido principal
Buscar Buscador
Salir

Encuentra lo que estás buscando

Canto sabes sobre o crédito?

​​​​​​​

Un bo uso dos créditos pode traer grandes beneficios e ter considerables vantaxes, polo que é importante ter unha boa educación financeira respecto diso, canto sabes sobre iso?

Verifica os teus coñecementos sobre o crédito

FALSO!

Os créditos NON son cartos extras. Os cartos prestados simplemente permítenos gastar hoxe os ingresos de mañá, o que nos deixa con menos cartos para cubrir os gastos futuros.

FALSO!

Mercar algo que non nos podemos permitir prexudica o noso orzamento e diminúe o noso nivel de vida, tanto se pagamos en efectivo coma se utilizamos crédito. De feito, os bens comprados a crédito encarécense: se non podemos permitírnolos en efectivo, moito menos desta forma. A clave é se podemos permitirnos pagalos no futuro sen alterar o noso equilibrio financeiro.

FALSO!

A posibilidade de que un banco ou outra entidade financeira che concedan un crédito depende das túas circunstancias persoais e do teu historial crediticio. As entidades financeiras necesitan coñecer as obrigacións que tes con outras entidades para desta forma poder determinar o nivel de risco no que incorren ao concederche un préstamo. Para iso, consultan a base de datos CIRBE, onde se recolle a información dos préstamos, créditos, avais e garantías que cada entidade de crédito mantén cos seus clientes. Nas bases de datos (ASNEF e Rai) ás que acceden as entidades tamén figura se incumpriches algún pago doutros préstamos e doutras facturas. Non poderás obter un crédito en boas condicións se o teu historial crediticio é malo e as túas circunstancias persoais non son as mellores. Pode que os únicos dispostos a prestarche sexan entidades dubidosas ou particulares que che cobren elevados gastos e intereses. É así como moita xente perdeu as súas casas e outras posesións.

VERDADEIRO!

As entidades deben actuar con responsabilidade á hora de conceder préstamos ou créditos actuando de forma honesta, imparcial e profesional. É por iso que a entidade deberá facer unha avaliación en profundidade da túa solvencia.

FALSO!

Ao aceptar un crédito ou préstamo, asinamos un contrato polo que nos comprometemos por escrito a devolver todo os cartos, máis intereses e outros gastos, nunhas condicións especificadas. Por tanto, as entidades non teñen a obrigación de renegociar as condicións da débeda.

FALSO!

Non é o mesmo. Cando unha entidade che concede un crédito, está a prestarche un servizo que non é gratis. Este servizo telo que pagar, ademais do custo orixinal do produto. O interese é a cantidade que che cobran polo privilexio de utilizar cartos prestados. Segundo a porcentaxe de interese e o prazo de pagamento, o custo do crédito pode ser importante respecto ao prezo en man do produto que queiras mercar. É dicir, pagarías bastante máis.