Saltar al contenido principal
Buscar Buscador
Salir

Encuentra lo que estás buscando

Glosario

Pechar
A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Z Busca Busca
Abono en conta
É un ingreso, é dicir, a anotación dunha cantidade de cartos no haber dunha conta. Ese abono pode facerse en efectivo, por cheque, por transferencia...
Acción
Valor mobiliario que representa unha parte proporcional do capital social dunha sociedade. Quen ten accións é, por tanto, socio propietario dunha empresa en proporción á súa participación. O accionista é sempre o último en cobrar en caso de liquidación da compañía (despois dos traballadores, os acredores e os propietarios de bonos ou obrigas). Ver DIVIDENDO e DEREITO DE ASISTENCIA E VOTO.
Accionista
É o titular de accións, o co-propietario dunha empresa. Ver ACCIÓN.
Accionista minoritario
Termo utilizado para designar ao pequeno accionista en xeral, é dicir a aqueles accionistas que teñen escasa ou nula capacidade de influír na compañía (salvo que actúen de forma agrupada).
Achega ou investimento mínimo
Cantidade necesaria para poder adquirir ou investir por primeira vez en determinados produtos (bonos ou obrigas, fondos de investimento...).
Acredor
Persoa física ou xurídica a quen se lle deben cartos. O acredor ostenta un dereito de cobranza ou de crédito contra un debedor.
Activo
Desde o punto de vista dunha sociedade, os activos, son o conxunto dos seus bens (inmobles, mercadorías...) e dereitos de cobranza (o que lle deben).
Activo financeiro
Valor que acredita a titularidade de determinados dereitos económicos (accións, cartos en efectivo, depósitos, valores de renda fixa...).
Activo fixo
Tamén denominado inmobilizado. Está integrado polos bens e dereitos dunha empresa que non están destinados á venda, senón a asegurar o seu funcionamento e continuidade. Este tipo de activo caracterízase pola súa permanencia na empresa durante un período longo, normalmente superior a doce meses. Estes activos amortízanse durante toda a vida do ben.
Activo sen risco
Activo financeiro cun rendemento coñecido e certo, emitido por unha entidade ou organismo cunha capacidade para cumprir coas súas obrigas de pago da que non existen dúbidas. Tradicionalmente, o activo sen risco asóciase á débeda pública a curto prazo emitida polos países desenvolvidos (por exemplo, unha Letra do Tesouro).

¡No te pierdas nada!

Mantente al día de todas las novedades de Finanzas para Todos suscribiéndote a nuestra newsletter. Todas las novedades sobre finanzas, en tu correo.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Aliquam dapibus aliquam ipsum, quis posuere ligula eleifend vel. Morbi rhoncus, dolor vitae blandit volutpat, tortor neque tincidunt eros, id hendrerit orci sem vel nisl. Nunc lacinia neque non erat volutpat condimentum. Vestibulum in egestas turpis. Donec consequat odio quis fermentum convallis. Vivamus dui lorem, posuere vel leo in, tempor tempus tortor. Fusce rutrum dapibus gravida. Phasellus tempus, velit sit amet porta faucibus, nulla elit tempor lorem, at commodo ligula purus eget dui.